8M. Día da Muller. Superheroínas de banda deseñada vs mulleres reais

 Superheroínas de banda deseñada vs mulleres reais: superheroínas de Bibliocabe é o lema da Biblioteca para este 8M. Con el pretendemos facer ver que toda muller é unha super-muller ao tempo que contribuir ao empoderamento feminino.

Cunha exposición que se atopa na entrada do centro, a Biblioteca tentou acadar ese obxectivo. Nada máis entrar atopámonos cun marabilloso e espectacular Póster , realizado pola nosa colaboradora Lucía de la Iglesia para a ocasión. Enriba do póster, unhas xigantes volvoretas 3D, realizadas por Cristina Ouro (membro do Equipo da Biblio) en colaboración cos alumnos, incítanos ás mulleres a voar, a despegar as nosas ás, a ser superheroínas.

A exposición continúa con heroínas clásicas de banda deseñada, seguidas de mulleres reais de Bibliocabe. 

As nosas mulleres van dende pintoras, que nos transportan a un mundo máxico de cores e formas, ata unha avoa que, con 83 anos e quen de saltar á comba como unha mociña. Non faltan medallistas, ximnastas que fan figuras imposibles co seu corpo, nin cantantes que nos hipnotizan coa súa engaiolante voz. Estas e moitas máis son as nosas verdadeiras superheroínas!!!!!


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



Celebrando o 8M

Cun marabilloso e impresionante póster realizado pola nosa colaboradora habitual, Lucía de la Iglesia, queremos conmemorar o día de todas aquelas mulleres que proclaman a súa identidade por riba de todos os atrancos .

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


María Reimóndez en Bibliocabe.

Este venres tivemos a inmensa sorte de contar cunha das autoras favoritas de Bibliocabe. Non é a primeira vez que nos visita e agardamos que non sexa a última. Declarámonos "fans" de María Reimóndez!!!!

Con ela tivemos a oportunidade de comentar aspectos da súa última obra Furia, gañadora do XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Esta obra, en principio, dirixida a un público xuvenil é tamén unha obra para adultos. De feito, a lectura dun adolescente de seguro que é completamente distinta á dun adulto, xa que se trata dunha obra con moitas "capas".

Con María, tratamos aspectos como o porqué os nomes dos personaxes (todos iniciais, excepto Cecilia e Laura), a idea da furia como algo positivo que pode ser capaz de sacarnos dun estado de aletargamento, de facernos reaccionar, e converterse na saída, no asideiro co que enfrontar o negativo da vida.......

Falamos da sensibilidade ao tempo que crudeza con que descrebe certas situacións límite que nos tocan, que nos fan sentir un nó no estómago, e que só quen as sofreu ou está a sofrir é capaz de describir e/ou entender.

Para rematar, quedamos coa intriga de ver eses preciosos cadernos escritos a man e decorados cos que María inicia cada obra. Agardamos impacientes o de Furia!!!!!!

Unha vez máis, queremos agradecer a María Reimóndez o seu marabilloso facer, a súa humanidade, a súa disposición a acodir sempre a nosa chamada. Agardamos a túa póxima visita e mentres tanto: Grazas, Grazas, Grazas.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador






 

Unha mensaxe e unha flor

 Unha mensaxe e unha flor, foi a actividade que este ano se realizou para conmemorar o día dos Namorados. A iniciativa da Biblioteca e coa colaboración de Normalización Lingüística, o TIL, os distintos Departamentos, e todo o alumnado e profesorado do centro realizamos case 400 flores e outras tantas mensaxes (de amor, amizade, ánimo) que, xunto cunha piruleta foron repartidas a todos os integrantes da comunidade educativa do IES Río Cabe.

Sorprendemos a alumnos e profesores nas clases, corredores, despachos e todos amosaron unha grande ilusión e curiosidade agardando a ver que mensaxe lle deparara o destino. 

Dende Bibliocabe, Normalización e o TIL, queremos agradecer a tod@s a vosa colaboración e moi especialmente a Ángeles Vázquez, profesora sen a que a flores non se poderían realizar. Como sempre, grazas aos alumnos que sempre están dispostos a axudar. Graciñas a tod@s.


 
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador